Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno deste concello, na sesión ordinaria do día vintesete de xuño de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de reparcelación da unidade de execución 13, conforme o acordo que, transcrito literalmente, di:

«Aprobado incialmente o proxecto de reparcelación da unidade de execución 13 na sesión da Comisión Municipal de Goberno do 4-10-2000 e sometido a información pública mediante anuncio publicado no DOG, no diario El Correo Gallego e no taboleiro de anuncios do concello e notificado individualmente ós propietarios afectados, presentáronse 12 alegacións que recibiron o informe dos servicios técnicos municipais, das que se estimaron 9 e desestimaron 3. Transcorrido o prazo de audiencia presentan de novo alegacións Elvira Vázquez Raña, Eusebio del Río Gómez, Rafael Barreiro Pedreira e Ramiro Villaverde Martínez.

De conformidad co establecido no artigo 110 do Regulamento de xestión urbanística, a Comisión Municipal de Goberno, acorda:

1. Desestima-las alegacións presentadas por Elvira Vázquez Raña, Eusebio del Río Gómez, Rafael Barreiro Pedreira e Ramiro Villaverde Martínez, segundo os informes técnicos emitidos ó respecto.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de reparcelación da unidade de execución 13, coas rectificacións derivadas da estimación das alegacións presentadas.

3. Publica-las aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do concello e nun xornal da provincia.

4. Notificar este acordo a tódolos interesados e remitir unha copia ó organismo competente da Comunidade Autónoma.

5. Requiri-los interesados para formaliza-la reparcelación mediante escritura pública ou documento administrativo cos requisitos establecidos no artigo 113 do Regulamento de xestión urbanística e inscrición no Rexistro da Propiedade.

6. Faculta-lo alcalde, para que, en nome da corporación, interveña na formalización do acordo de aprobación definitiva da reparcelación».

Contra este acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía amidnistrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a seccióin correspondente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo de comunicación a este concello, sen prexuízo da interposición de recurso potestativo de reposición na forma e cos requisitos que se recollen nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 1999, do 13 de xaneiro.

Podrá interpoñer calquera outro que estime procedente.

Ordes, 9 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado