Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno con data do 28 de xuño de 2001, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Lugo, no tramo da avenida Duquesa de Lugo comprendido entre a rúa monte Faro e o polígono do Ceao, redactado por Epypsa, coa suspensión automática de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición polo prazo máximo dun ano (estinguíndose se antes do devandito prazo se produce a aprobación definitiva do planeamento) na totalidade dos terreos comprendidos no seu ámbito que supoñan modificación das determinacións do réxime urbanístico vixente.

Zona de suspensión: franxa de 10 metros de largo (grafada en vermello nos planos que figuran no expediente), pralela a ámbalas dúas marxes da vía para sistema xerais, grafados nos planos do PXOU vixente

(Plano J02, follas F7, F8 e G8), e recoñecida como itinerarios vinculantes para os plans parciais correspondentes, con deseño indicativo en canto á traza destes e nos terreos de solo urbanizable non programado, correspondentes ós sectores IN-G e IN-H, polos que esta vía transcorre, ademais do tramo de solo urbano rexido pola ordenanza de zona 13 industrial e almacéns en contacto desta vía coa avenida Benigno Rivera.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes o devandito proxecto, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla, número 197), e presentarse reclamacións ou suxestións que se desexen.

Contra o acordo de suspensión de procedemento de outorgamento de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da presente publicación, non obstante o anterior, e con carácter previo poderá interpoñe-lo recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou o acordo e no prazo dun mes, contado igualmente desde o día seguinte da presente publicación.

Lugo, 5 de xullo de 2001.

Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área