Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.723

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (987/2000).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 987/2000 seguidos por instancia de Manuel Santiso Naya contra Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. sobre salarios, a xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 8-5-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Manuel Santiso Naya, contra a empresa Infraestructuras y

Canalizaciones de Galicia, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 542.699 pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe o recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter depositado na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, a cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para lle sirva de notificación a Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Sta. Cristina, 8, baixo, esqda., Perillo, Oleiros, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado