Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.723

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (149/2001).

Yo, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 149/2001 seguidos por instancia de Luis Vilariño Lebedinski contra Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. e outras sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 10-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Luis Vilariño Lebedinski contra a empresa Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. (Iccga), debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 273.412 pesetas, coa absolución da codemandada Cable y Telecomunicaciones, S.A. e do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle a este último.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Infraestructuras y Canalizaciones de Galicia, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Sta. Cristina, 8, baixo, Perillos, Oleiros, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 24 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado