Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.723

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (157/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 157/2001 seguidos por instancia de María Ángeles Teijo Ribera e outra contra Confecciones GELT, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 14-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por María Ángeles Teijo Ribeira e María José González Fuentes, contra a empresa Confecciones GELT, S.L., debo condenar e condeno a dita demandanda a que faga o pagamento ás demandantes das seguintes cantidades: a María Ángeles Teijo Riveira 222.877 pesetas e a María José González Fuentes 160.464 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Confecciones GELT, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Pígara, O Graxal, 18, Cambre 15660, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 14 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado