Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001 do tribunal encargado de avalia-las probas de constatación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte de mercandorías, transitario e almacenista-distribuidor, pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados.

Publicadas o 2 de xullo de 2001 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas de constatación profesional para o exercicio da actividade de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor convocadas por Resolución do 15 de xaneiro do 2001 (DOG nº 26 do 6 de febreiro), e transcorrido o prazo establecido nela para presenta-las correspondentes reclamacións, unha vez examinadas estas, este tribunal,

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expo-las citadas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pode interporse recurso de alzada ante o director xeral de transportes (CPTOP e V) da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, do presente. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Carlos A. González Rodríguez

Presidente do tribunal