Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.698

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

DECRETO 200/2001, do 27 de agosto, polo que se modifica o Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Coa aprobación dos decretos 347/1997, do 9 de decembro, e 351/1997, do 10 de decembro, estableceuse a actual estructura orgánica da Xunta de Galicia e a estructura básica dos seus departamentos, respectivamente. De entre os departamentos, e polo que se refire á estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, vén establecida no Decreto 488/1997, do 26 de decembro (DOG nº 12, do 20 de xaneiro). O dito decreto foi modificado polos decretos 117/1999, do 23 de abril (DOG nº 86, do 6 de maio) e 202/2000, do 21 de xullo (DOG nº 150, do 3 de agosto).

Segundo o disposto no artigo 1 do referido Decreto 488/1997, do 26 de decembro, esta consellería é o órgano da Administración autonómica ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de xuventude, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española, a través da Dirección Xeral de Xuventude (artigo 8). Para o desenvolvemento das súas funcións, esta dirección xeral estructúrase en dúas unidades administrativas, a Subdirección Xeral de Programas e a Subdirección Xeral de Promoción e Actividades.

A Subdirección Xeral de Promoción e Actividades desenvolve, entre outras, as funcións de promoción do asociacionismo xuvenil, a promoción e fomento, organización, xestión, coordinación e seguimento de actividades e programas dirixidos á xuventude, a promoción e intercambio de mozos con outras comunidades autónomas e países estranxeiros, a coordinación e programación de actividades en centros dedicados á xuventude, que exerce a través do Servicio de Promoción de Actividades. Nos últimos anos, o incremento de programas e servicios que xestiona a dita unidade administrativa, así como a maior demanda dos usuarios destes, determina un maior volume e complexidade na xestión, o que xustifica a necesidade de adecua-la actual estructura orgánica da consellería. Procede, así, levar a cabo unha mellor distribución das funcións coa súa repartición en dúas unidades dependentes da referida subdirección e, en consecuencia, a creación dun novo servicio na estructura coa denominación de Servicio de

Formación e Xestión.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, tralo informe das consellerías da Presidencia e Administración Pública e Economía e Facenda, de conformidade co disposto no artigo 34.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e

do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de agosto de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.

O artigo 8. Dous.2, quedará redactado como segue:

«2. Subdirección Xeral de Promoción e Actividades.

Levará a cabo as seguintes funcións:

-Promoción e seguimento do asociacionismo xuvenil.

-Organización e xestión dos programas de actividades culturais de lecer e tempo libre.

-Promoción e fomento dos programas de Turismo Xove.

-Coordinación, asistencia técnica, seguimento e avaliación da programación de servicios e centros dedicados á xuventude.

-Fomento e promoción de intercambios e mobilidade de xoves con outras comunidades autónomas e países estranxeiros.

-Seguimento de axudas e subvencións para os programas e actividades xestionados pola subdirección xeral concedidas con cargo ós orzamentos xerais da Dirección Xeral de Xuventude.

-Desenvolvemento, coordinación, xestión e seguimento de programas e servicios de acceso máis asequible dedicados á xuventude.

Para o desenvolvemento das súas funcións, estructúrase nas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1. Servicio de Promoción de Actividades.

A este servicio corresponderanlle as seguintes funcións:

-Desenvolvemento, coordinación, xestión e seguimento dos programas e servicios a favor da xuventude que lle corresponda á subdirección xeral.

-Participación na xestión e programación das actividades que se realizan en campamentos, albergues, casas e centros de xuventude.

-Promoción e difusión de intercambios xuvenís con outras comunidades autónomas e países estranxeiros.

2.2. Servicio de formación e xestión.

A este servicio corresponderanlle as seguintes funcións:

-Fomento e seguimento de tódalas actividades relacionadas co asociacionismo xuvenil e a coordinación e xestión do censo de asociacións xuvenís.

-Promoción das diferentes actividades formativas relacionadas cos programas e actividades xestionados pola subdirección xeral.

-Xestión das diferentes axudas e subvencións tramitadas pola subdirección xeral.

-Coordinación e xestión do rexistro de instalacións xuvenís».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de agosto de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude