Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 17 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo de resolución do expediente sancionador 36/03/01, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a seguir (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador 36/03/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que non porá fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: 36/03/01.

Inculpada: Badalada.

Domicilio: r/ Alexandre Cribeiro, 12, 36940 Cangas (Pontevedra).

Motivos: irregularidades na etiquetaxe de artigos de puericultura.

Resolución: sobresemento.

Data de resolución: 26-6-2001.

Pontevedra, 17 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra