Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 1/2001 a Jesús Pérez Díaz.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 1/2001, seguido en función de denuncia formulada por Mª del Carmen Castiñeira Fraga, contra Jesús Pérez Díaz, finalizando este trámite con resolución de expediente sancionador por non des

tina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 1/2001.

Vista a denuncia presentada por María del Carmen Castiñeira Fraga contra Jesús Pérez Díaz e despois das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data do 9 de marzo de 2000 recibiuse escrito na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, denunciando posibles irregularidades na ocupación da vivenda 1º B da rúa Armórica, 67 de Lugo, da que é titular Jesús Pérez Díaz, correspondente ó grupo de vivendas de promoción pública denominadas Fingoy-Blancas, acollidas ó expediente LU-81/010.

2. O 23 de maio de 2000 iniciáronse trámites de información reservada ó existiren indicios do incumprimento por parte do titular da obriga de ocupa-la vivenda de forma permanente e habitual. Así, solicitáronse informes socioeconómicos da asistencia social, certificados de convivencia e consumos de auga referidos ó ano 1999. Ó mesmo tempo interesouse de Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. certificado de consumo de enerxía eléctrica.

3. Que o Concello de Lugo remite, en datas 17 e 27 de xuño de 2000, a información interesada, da que se desprende que o denunciado figura como empadroado na vivenda de referencia e na que o consumo de auga na dita vivenda é nulo nos últimos 12 meses. Tamén, en data do 30 de maio de 2000, emítese certificación por parte de BEGASA, segundo o cal non aparece ningún contrato de abastecemento de enerxía eléctrica a nome do denunciado.

4. O artigo 5º, punto B e C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «a dedicación das vivendas de protección oficial a usos non autorizados ou a alteración do réxime de uso delas, establecido na cédula de cualificación definitiva» e «ó non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses», constitúe unha infracción grave.

5. En data do 20 de abril de 2001 foi dictada proposta de resolución do meritado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a Jesús Pérez Díaz dunha sanción de 100.001 pesetas de multa. A proposta foi notificada ó denunciado mediante publicación no Diario Oficial de Galicia en data 14 de xuño de 2001, ó encontrarse o denunciado ausente do seu domicilio.

Concedido prazo de 15 días para que formulase alegacións, o denunciado non fixo uso deste dereito.

Feitos probados.

Da practica dos medios probatorios derívanse os seguintes feitos probados:

Único.-Que Jesús Pérez Díaz incumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente e de mantela deshabitada.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no art. 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se atopa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e del despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario o arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria

doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Que non xustificou plenamente a ocupación da vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada mediante as alegacións presentadas e a documentación unida a estas.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñer a Jesús Pérez Díaz unha sanción de 100.001 pesetas de multa.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común diante do conselleiro

de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 5 de xullo de 2001.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo