Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público abierto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de organización no Reino Unido de presentacións de Galicia a empresas británicas co obxectivo de captar novos proxectos de investimento para Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase o concurso público para a contratación dos servicios

de organización no Reino Unido de presentacións de Galicia a empresas británicas co obxectivo de captar novos proxectos de investimento para Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, tf.: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. nº 13/2001.

2. Obxecto do contrato.

Constitúe o obxecto do contrato a prestación dos servicios de organización no Reino Unido de presentacións de Galicia a empresas británicas co obxectivo de captar novos proxectos de investimentos para Galicia.

Prazos de execución e vixencia: os prazos de execución determinarase de mutuo acordo entre o Igape e o adxudicatario, alomenos con dous meses de antelación á data de celebración que se estableza, prevéndose unha presentación para o ano 2001 en Londres e dúas presentacións no ano 2002 no lugar que se conveña entre as partes.

A vixencia do contrato establécese ata o 31 de decembro de 2001, se ben a retribución variable establecida na cláusula 4.2 poderá devengarse ata o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: dezaseis millóns quiñentas mil pesetas (16.500.000 pesetas), desagregado do seguinte xeito:

1. Por organización de presentacións: 9 millóns de pesetas, IVE incluído, correspondentes a un máximo de 3.000.000 de pesetas, IVE incluído, por organización de cada unha das presentacións.

2. Remuneración variable por éxito: 7.500.000 pesetas como máximo, IVE incluído, correspondente a 5 proxectos de investimento, cada un deles por 1.500.000 pesetas, IVE incluído, sempre e cando se cumpran os requisitos previstos nos pregos de prescricións técnicas.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación 330.000 pesetas, 1.983,84 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina web: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, qu debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas e procederase á apertura das ofertas económicas na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica