Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo 2001 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA nos ríos Castro e do Prado xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/8/128.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre dos ríos Castro e do Prado, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo figuran os datos máis relevantes do peticionario do aproveitamento solicitado, ademais dunha breve descrición das obras que se executarán. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, despois da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do devandito R.D. 916/1985, segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata, en concreto, no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro do organismo autónomo de Augas de Galicia, r/ Camilo Díaz Valiño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponde facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo, non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os efectos expresados, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas dos concellos de Muxía e Dumbría (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos ó seu dispor copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, pza. Camilo Díaz Valiño, 7/9, 15781 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edif. advos. Monelos, praza de Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

Estudio de efectos ambientais do proxecto:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: edif. advos. Monelos, praza de Luis Seoane, 5ª planta, 15008 A Coruña.

-Concello de Dumbría: estrada Dumbría, s/n. Dumbría (A Coruña).

-Concello de Muxía: rúa Real, 41. Muxía (A Coruña).

Santiago de Compostela, 18 de xullo do 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Alberto Gómez Díaz.

Enderezo: r/ Ramón Cabanillas, 2-2º D, 15300 Betanzos-A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central Hidroeléctrica do Castro.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 4.500 l/sg do río Castro e 350 l/sg do Rego do Prado.

Corrente de derivación: río Castro (cota do aliviadoiro: 91,5) e Rego do Prado (cota do aliviadoiro: 91,5).

Corrente de restitución: río Castro (cota de finalización: 68).

Desnivel (salto bruto): 23,5 m.

Alturas dos azudes: 3 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 1.100 kVA.

Concellos onde radican as tomas e demais obras: concellos de Dumbría e Muxía (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma.

Os azudes serán de gravidade de planta recta e altura de 3 metros sobre o fondo da cimentación. As coroacións sitúanse na cota 91, 5 actuando como labio vertente en toda a súa lonxitude.

Na marxe esquerda do azude situado no río Castro constrúese un decantador-sedimentador, do que parte a canalización forzada. No caso do azude situado no Rego do Prado, non se construirá cámara de sedimentación, partindo a canalización do estribo dereito.

No azude do Rego do Prado construirase unha escada de peixes no estribo dereito do azude.

Cámara de sedimentación e canalización forzada.

A cámara de sedimentación, situada no azude do río Castro, disporá de boia, reixas de protección, limparreixas e comporta de peche e de aquí parte a canalización forzada. No azude do Rego do Prado a canalización arrinca directamente do azude.

A canalización forzada será de polietileno e discorrerá enterrada en toda a súa lonxitude. Desde o azude situado no Rego do Prado terá diámetro interior de 400 mm e 400 m de lonxitude ata o seu enlace coa canalización que parte do azude no río Castro, que terá 220 m de lonxitude ata a unión de ambas e 1.500 mm de diámetro interior. Desde a unión de ámbalas canalizacións arrinca un terceiro tramo de 1.750 mm de diámetro interior e 1.500 m de lonxitude.

Central.

A central estará nun edificio para albergar tódolos equipos electromecánicos, con dimensións en planta de 10x7 metros.

Equipos electromecánicos.

A turbina será de tipo Francis de eixe horizontal, cunha velocidade de 500 rpm e estará deseñada para un caudal de equipo de 4.850 l/s.

O xerador será síncrono, cunha potencia de 1.100 kVA, unha tensión de 0,38 kV e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 1.250 kVA.

Ademais, instalaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectúa a solicitude de declaración de utilidade pública.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.