Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001 pola que se lle renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Aimen con domicilio na Relva-Torneiros, 36410-O Porriño (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral resolveu:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Aimén, con domicilio na Relva-Torneiros. 36410-O Porriño (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

AP, «Área de ensaios de laboratorio de perfís e barras de aceiro para estructuras» co número 15021AP01.

AS «Área de control in situ da execución da soldadura de elementos estructurais de aceiro», co número 15022AS01.

HA «Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, areas, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos» co número 15053HA01.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da

Vivenda e Solo