Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Advertido erro aritmético no anuncio de licitación extractado no Diario Oficial de Galicia nº 157, de data 14 de agosto de 2001, relativo á contratación da obra pavimentación e capa de rodadura en camiños rurais no ano 2001 (PAM), polo procedemento de concorrencia de licitadores aberto, forma de adxudicación concurso, e tramitación ordinaria, localizándose no tipo de licitación expresado en pesetas que o fixa en 40.900.000 pesetas, no canto de 44.900.000 pesetas, tal e como figura no proxecto e no anuncio publicado no BOP nº 148, de data 2 de agosto de 2001, o alcalde accidental, en uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, e en concreto consonte o disposto na artigo 105 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, do procedemento administrativo común, por resolución 1050/2001, de data 17 de agosto de 2001,

RESOLVEU:

Primeiro.-Rectificar o erro aritmético de referencia, relativo ó tipo de licitación da obra sinalada, de modo que onde dicía 40.900.000 pesetas deberá dicir 44.900.000 pesetas, equivalentes a 269.854,43 euros.

Segundo.-Ordena-la publicación deste anuncio de rectificación no Diario Oficial de Galicia coa maior urxencia.

Terceiro.-Amplia-lo prazo de presentación de ofertas ata os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio de rectificación no DOG, na oficina de plicas da secretaría xeral, das 9 ás 13 horas.

Cuarto.-Confirma-lo anuncio de licitación extractado, que aparece publicado no denominado DOG nº 157/2001, nos restantes termos.

A Estrada, 17 de agosto de 2001.

O alcalde accidental

Rubricado