Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión de 21-8-2001, acordou inicia-los trámites para a contratación da obra que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500-Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 06 38.

Obxecto: acondicionamento locais sociais Cello, Soutolongo, Anzo... (PAM/2001).

Orzamento: 20.000.000 de pesetas IVE incluído.

Duración do contrato: 4 meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce trinta horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estos efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 21 de agosto de 2001.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental