Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

Benigno Fernando Sánchez Martínez, en representación de Atrium Inversores, S.L., solicitou desta alcaldía a licencia de reparcelación voluntaria de predios correspondentes ó estudio de detalle, da parcela sita

no lugar de estrada Ferrol-Senra, da parroquia de Bergondo, neste concello, segundo escritura de reparcelación voluntaria efectuada ante o notario Ramón González Gómez, nº 3140, de data 9 de xullo de 2001, na cidade da Coruña.

Co fin de dar cumprimento ó establecido no artigo 103.2º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente orixinado a información pública, que pode ser examinado na secretaría deste concello, Servicio de Urbanismo, nun prazo de vinte días hábiles que comezarán a contarse desde o seguinte ó da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, podendo no citado período presentar, contra el as alegacións que estimen pertinentes.

Bergondo, 14 de agosto de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente