Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente C.P. 43 e 45/2001).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cies de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artígo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, convoca os seguintes concursos:

Expediente 43/2001:

1. Obxecto: subministración de aparellos médicos.

2. Orzamento: 31.075.000 pesetas, IVE incluído (186.764,51 A).

Expediente 45/2001:

1. Obxecto: subministración de mobiliario.

2. Orzamento: 14.992.200 pesetas, IVE incluído (90.104,94 A).

As condicións que rexerán os expedientes relacionados son as contidas nos puntos seguintes do nº 3 ó nº 15 ambos inclusive.

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (R.D.L. 2/2000, de 16 de xuño, BOE nº 148, do 21 de xuño).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 13.1).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 59 37, fax: 986 81 60 65, ou a través da páxina web do Sergas: www.sergas.es.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado

a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 30 de xullo de 2001.

José Manuel González Alvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo