Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO sobre aprobación inicial de estatutos e bases de actuación PNC-1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobados con carácter inicial, na sesión plenaria do día 6 de xullo de 2001, os estatutos e bases de actuación da xunta de compensación do polígono PNC-1, delimitado no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, ó abeiro do artigo 133, en relación co 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 162 do Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de xestión urbanística, sométese o dito acordo a información pública polo prazo de vinte días, para que calquera interesado ou afectado poida presentar por escrito as alegacións que máis conveñan ó seu interese, estando o expediente á disposición dos interesados e afectados na secretaría do concello.

Ares, 9 de xullo de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente