Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente SR-UR-PA-CP 1/2001.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria, rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, 15001 A Coruña.

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia nos centros de saúde e puntos de atención continuada: San José, Xerencia de Atención Primaria, C.S. Abente e Lago, Servicio Especial de Urxencias, Betanzos, Cambre, Curtis-Teixeiro, Ponteceso, Vimianzo e Carballo.

c) Lote: único.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 83, do 30 de abril de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 63.270.000 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 28 de xuño de 2001.

b) Contratista: Gesegur General de Seguridad, S.A.

Total adxudicado: 61.171.614 pesetas (367.648,81 euros).

A Coruña, 5 de xullo de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria Coruña-Ferrol