Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dos servicios de difusión e publicidade do novo marco regulador das axudas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica, dos servicios de información especializada e oficinas territoriais do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de difusión e publicidade do novo marco regulador das axudas e actividades do Igape, dos servicios de información especializada e oficinas territoriais do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 15/2001.

2. Obxecto do contrato: difusión e publicidade do novo marco regulador das axudas e actividades do Igape, dos servicios de información especializada e oficinas territoriais do Igape, dividido en dous lotes:

Lote 1: difusión do novo marco regulador das axudas e actividades do Igape.

Lote 2: difusión das actividades de información especializada e oficinas territoriais do Igape.

Prazos de execución e vixencia: o Igape determinará as datas e os prazos de execución das insercións propostas polo adxudicatario na súa oferta dentro do prazo de vixencia.

A vixencia do contrato establécese ata o 31 de decembro de 2002, prorrogable, por acordo expreso das partes dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: abierto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: trinta e tres millóns trescentas mil pesetas (33.300.000 de pesetas), equivalentes a 200.137,03 euros, distribuído do seguinte xeito:

Lote 1: 28.300.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 5.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Clasificación: no suposto de que se presente oferta ó lote 1, individual ou conxuntamente co lote 2, deberase presentar certificación de clasificación como empresa consultora ou de servicios no grupo III, subgrupo 3 e categoría B.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina web: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do fin do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre bocetos ou soportes ofertados, así como sobre planificación de medios.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó fin do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12.30 horas do décimo día hábil seguinte ó fin do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica