Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S. OU-04/2001 e E.S. OU-05/2001, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da sección de inspeccións e sancións da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente, de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, no seu caso, propoñer proba, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuárense alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 6 de xullo de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente E.S. OU-04/2001.

Responsable: José Hinojo Fernández.

Domicilio: r/ Pablo Iglesias, nº 20-10º C, 32004 Ourense.

Feitos imputados: execución de obras en vivenda de protección oficial, que modifican o proxecto aprobado sen a previa autorización desta Administración.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 pesetas.

E.S. OU-05/2001.

Responsable: José Ramón Pérez Pérez.

Domicilio: r/ Estrada Barra de Miño (praza 1000), bl. XIV, 4º B, 32001 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 pesetas.