Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de costas número ES/56-91/VC de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo a interpoñer, a elección do recorrente, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo do lugar onde teña o seu domicilio ou perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da cidade de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Interesado: José Luis Cambiazo Loures.

Último enderezo coñecido: praza Matías García Bernal nº 7. 27002 Lugo.

Contido da resolución do recurso ordinario:

Data: 16 de xullo de 2001.

Resolución: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.