Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Asociación de la Escala Superior de Finanzas de la Xunta de Galicia (Aesfiga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público, que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación de la Escala Superior de Finanzas de la Xunta de Galicia (Aesfiga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poden ser membros da asociación os funcionarios pertencentes á escala superior de finanzas da Xunta de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Joaquín Caballero Miranda e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais