Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (178/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 178/2001 seguidos por instancia de Manuel López Rico contra Fabricados Escayola La Coruña, S.C. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 16-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Manuel López Rico, contra a empresa Fabricados Escayola La Coruña, S.C., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 1.563.906 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Fabricados Escayola La Coruña, S.C. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Xustiza, 18-B, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado