Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.622

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (144/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 144/2001 seguidos por instancia de Ricardo José Domínguez Pazos contra Instalacións Galiza, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 27-6-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Ricardo José Domínguez Pazos, contra a empresa Instalacións Galiza, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 380.079 pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para lle sirva de notificación a Instalacións Galiza, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Curros Enríquez, 29, baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 16 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado