Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.621

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (154/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber

que nos autos número 154/2001 seguidos por instancia de Mónica Gómez Raposo contra AG de Formación Informática, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 10-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Mónica Gómez Raposo, contra a empresa AG de Formación Informática, S.L., debo condenar e condeno a dita

demandada a que faga o pagamento á demandante da cantidade de 231.319 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Social, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a AG de Formación Informática, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en Cantón Grande, 16-17, 6º, 15003 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 10 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado