Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso por promoción interna na súa escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos.

En cumprimento do disposto nos estatutos desta universidade, aprobados por Resolución do 16 de setembro de 1993 (DOG do 22 de outubro), e co obxecto de atende-las necesidades de persoal de administración e servicios desta universidade,

Este rectorado, en uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro) de reforma universitaria, en relación co seu artigo 3.2 e), resolve convocar probas selectivas para o ingreso na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas polo sistema de promoción interna. Non se reserva ningunha praza para a quenda de persoas con minusvalías, establecida pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, a resultas da aplicación da porcentaxe do 3%.

1.2. O proceso selectivo constará de dúas fases, concurso e oposición, coas probas e puntuacións que se especifican no anexo I.

1.3. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura no anexo II desta convocatoria.

1.4. As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; á Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, e pola Lei 3/1995; ó Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; ó Decreto 93/1991, do 20 de marzo; ós estatutos da Universidade de Vigo e ó disposto na presente convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán posuí-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos durante todo o proceso selectivo:

a) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter alcanzada a idade de xubilación.

c) Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario de calquera das administracións públicas, nin inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme. No caso de nacionais dun Estado estranxeiro non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal firme que impida no seu estado o acceso á función pública.

2.2. Ademais, os aspirantes deberán ser funcionarios de carreira dalgún dos corpos ou escalas de bibliotecas do grupo B, acreditar unha antigüidade de, polo menos, dous anos de servicios efectivos prestados nos devanditos corpos ou escalas e estar a prestar servicios na Universidade de Vigo, na data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Solicitudes.

3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ó modelo que figura como anexo III desta convocatoria e deberán presentarse acompañadas de fotocopia do DNI ou documento acreditativo de ser nacional dun estado membro da Unión Europea, así como de copia dos títulos e diplomas acreditativos dos cursos alegados (alínea B.d. do anexo I).

3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Vigo no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Vigo (rúa Areal, 46. 36201-Vigo) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.4. Os aspirantes con minusvalías deberán indicar no recadro nº 6 da instancia, o grao de minusvalidez que padecen e no recadro nº 8, as adaptacións de tempo e medios que para a realización das probas consideren necesarias.

3.5. Os erros de feito que puidesen advertirse, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento do interesado.

3.6. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

4. Admisión de aspirantes

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo publicará no taboleiro de anuncios do rectorado, no prazo dun mes, resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión das causas que motivaron a exclusión e o prazo de emenda dos posibles defectos, que será de 10 días

hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución.

4.2. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas, mediante resolución que se publicará no taboleiro de anuncios do rectorado e na que se indicará o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio.

4.3. En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de se produciren, para posibilita-la súa emenda en tempo e forma, os aspirantes comprobarán fidedignamente non só que non figuran na lista de excluídos, senón que os seus nomes constan correctamente na relación de admitidos.

5. Tribunal.

5.1. A composición do tribunal cualificador destas probas será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado cunha antelación de, alomenos, un mes respecto da data de inicio do exercicio e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, ou se tivesen participado en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias citadas.

5.3. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia do presidente e o secretario, ou de se-lo caso, daqueles que os substitúan, e a metade alomenos dos seus membros. Nesta sesión, o tribunal acordará tódalas decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. Para os efectos de celebración de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a asistencia dos membros do tribunal especificadas no punto anterior.

5.5. O tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A desig

nación de tales asesores será feita polo rector da Universidade de Vigo, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 5.2.

5.7. Os membros do tribunal cualificador deberán posuír titulación igual ou superior á esixida para ser admitido ás probas.

5.8. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulta necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ó resto dos aspirantes. Para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.4., estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.9. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos ante o tribunal sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos aprobados pola orde do Ministerio da Presidencia do 18 de febreiro de 1985 (BOE do 22), ou calquera outro equivalente. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.10. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no rectorado da Universidade de Vigo, rúa Areal nº 46- 36201Vigo, teléfono 986 81 20 00.

5.11. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T, de conformidade coa resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de febreiro de 2001 (DOG do 23 de febreiro).

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento sendo excluídos da oposición os que non comparezan, agás non casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal nos lugares onde se celebrara o anterior, así como na sede do tribunal e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación, polo menos á data sinalada para a súa iniciación.

6.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado,

deberá propoñe-la súa exclusión ó rector da Universidade de Vigo, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares de realización deles e no rectorado a relación de aspirantes que os superasen, con indicación da puntuación obtida e do documento nacional de identidade.

7.2. Rematada a fase de oposición, e para os aspirantes que a superasen, o servicio de xestión de persoal expedirá de oficio, certificacións acreditativas do tempo de servicios prestados na Universidade de Vigo e o tribunal fará públicos os puntos obtidos na fase de concurso.

7.3. A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas na fase de oposición e na fase de concurso. Os puntos obtidos nesta última, en ningún caso, poderán sumarse para efectos de supera-la fase de oposición. No caso de empate, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida no segundo exercicio e, se este persistise, dirimirase por sorteo público en presencia dos opositores empatados.

7.4. O tribunal fará pública a lista de aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada un deles, fosen seleccionados, a cal en ningún caso poderá contar cun número de candidatos superior ó das prazas convocadas.

7.5. Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal elevará ó rector a relación definitiva de aspirantes aprobados segundo o respectivo sistema de acceso e por orde de puntuación, na que constarán as cualificacións da fase de concurso e de cada un dos exercicios da fase de oposición e a suma total.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte a aquel no que se fagan públicas as relacións definitivas de aprobados, estes deberán presentar no rexistro xeral da Universidade de Vigo:

Fotocopia compulsada do título ou certificación académica que acredite ter realizados os estudios para a obtención do título de doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

8.2. Os que dentro do prazo fixado, agás caso de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2.1, non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9. Nomeamento.

9.1. Concluído o proceso selectivo, aqueles que o superen serán nomeados funcionarios de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e

museos da Universidade de Vigo, mediante resolución rectoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

9.2. Por mor da natureza deste proceso selectivo, ós aspirantes que o superen e accedan á escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo adxudicaráselles con carácter definitivo o posto que estiveran desempeñando nese momento.

9.3. A toma de posesión dos aspirantes que aproben o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da devandita resolución de nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

10. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, a Universidade de Vigo poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal consonte o previsto na devandita lei.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Exercicios e valoración

A) Fase de oposición.

1º exercicio.-Consistirá en desenvolver por escrito dous temas de entre catro elixidos polo tribunal. O temario considerarase dividido en dúas partes, a primeira integrada polo bloque I: biblioteconomía, e a segunda polos bloques II: bibliografía e documentación e o III: arquivos e lexislación. Dos catro temas sorteados, dous corresponderán á primeira parte e dous á segunda. Os aspirantes elixirán un tema de cada parte.

O tempo máximo de realización será de 120 minutos.

Cualificarase de 0 a 100 puntos, sendo necesario obter 50 puntos para superalo.

2º exercicio.-Consistirá na resolución por escrito dun suposto práctico. O tribunal proporá tres supostos sobre planificación referentes a cada un dos temas que se indican a continuación: orientación bibliográfica, problemas de organización bibliotecaria ou documental e novas tecnoloxías na información. O opositor deberá realizar un dos tres supostos propostos. O opositor poderá dispor da documentación que desexe traer consigo, así como dos medios e recursos dispoñibles no lugar que determine o tribunal para a realización desta proba.

O tempo máximo de realización será de 240 minutos.

Cualificarase de 0 a 100 puntos, sendo necesario obter 50 puntos para superalo.

3º exercicio.-Consistirá na elaboración e presentación dun proxecto sobre a organización da biblioteca universitaria da Universidade de Vigo que deberá ser defendido e exposto publicamente.

O tempo máximo de exposición será de 45 minutos.

Cualificarase de 0 a 100 puntos. Terá carácter selectivo e non eliminatorio.

B) Fase de concurso.

Valoraranse os seguintes méritos:

a) Antigüidade:

A antigüidade na Administración pública valorarase ata un máximo de 48 puntos, a razón de:

-3 puntos por ano (0,25 por mes completo) de servicios prestados como funcionario de carreira ou funcionario interino da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (grupo B) ou contratado laboral en bibliotecas en postos reservados a funcionarios do grupo B.

-1,8 puntos por ano (0,15 por mes completo) polos restantes servicios efectivos recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978, do 26 de decembro.

Non se computarán os servicios que se prestasen simultaneamente con outros igualmente alegados.

b) Grao persoal consolidado, segundo o grao persoal que se teña consolidado e formalizado a través do acordo de recoñecemento de grao pola autoridade competente o día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, outorgarase a seguinte puntuación:

GraoPuntos

28 18

2716,5

26 15

2513,5

24 12

2310,5

22 9

21 7,5

20 ou inferior 6

c) Nivel de complemento de destino, correspondente ó posto de destino definitivo que teña adxudicado a/o funcionaria/o o día de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Cualificarase do seguinte xeito:

NivelPuntos

2836

2733

2630

2527

2424

2321

2218

2115

20 ou inferior12

d) Cursos: valorarase ata un máximo de 18 puntos, os cursos directamente relacionados coas funcións propias dos corpos e escalas de bibliotecas do grupo B, de acordo cos seguintes criterios:

Certificado de aptitude ou aproveitamento: 0,18 puntos/hora.

Certificado de asistencia: 0,12 puntos/hora.

Curso de iniciación á lingua galega (ou validación): 0,12 puntos/hora (de non consta-la duración considerarase que esta foi de 60 horas).

Curso de perfeccionamento da lingua galega (ou validación): 0,18 puntos/hora (de non consta-la duración considerarase que esta foi de 75 horas).

No caso de acreditar máis dun grao de coñecemento só se computará o superior.

Cando no certificado non conste o número de horas, considerarase que a duración do curso é de 10 horas.

ANEXO II

Programa

I. Biblioteconomía.

1. Situación actual das bibliotecas universitarias españolas.

2. Planificación estratéxica, dirección por obxectivos, xestión de calidade nas bibliotecas universitarias.

3. Planificación estratéxica, control, avaliación, difusión e promoción dos servicios ó usuario.

4. Xestión dos recursos humanos nas bibliotecas universitarias.

5. A formación profesional de bibliotecarios e documentalistas na actualidade.

6. Xestión orzamentaria nas bibliotecas universitarias. O orzamento como instrumento de planificación, administración, xestión e como mecanismo xeral de coordinación.

7. Xestión financeira das bibliotecas universitarias. Procedemento de execución do gasto público: autorización, compromiso de gasto, recoñecemento de obrigas e proposta de pagamentos.

8. Servicios ós lectores nunha biblioteca universitaria: referencia e información bibliográfica.

9. Servicios ós lectores nunha biblioteca universitaria: formación de usuarios.

10. Servicios ós lectores nunha biblioteca universitaria: préstamo, préstamo interbibliotecario e extensión universitaria.

11. Xestión da colección bibliográfica (I): criterios para a súa formación, mantemento e avaliación.

12. Xestión da colección bibliográfica (II): proceso técnico e normalización.

13. Planificación, organización espacial e equipamento da biblioteca universitaria.

14. Planificación da automatización das bibliotecas universitarias. Panorama actual da automatización das bibliotecas universitarias en España.

15. Formatos de intercambio de información bibliográfica: formato MARC. Variedades xeográficas e de aplicacións (autoridades, bibliográficos e fondos).

16. Planificación e xestión de catálogos automatizados.

17. A cooperación bibliotecaria en España. Sistemas e redes de bibliotecas.

18. As hemerotecas. Planificación, organización, clasificación e xestión.

II. Bibliografía e documentación.

1. Bibliografía: estado actual. Control bibliográfico universal. Disponibilidade universal das publicacións.

2. Fontes de información impresas e automatizadas en ciencias sociais.

3. Fontes de información impresas e automatizadas en humanidades.

4. Fontes de información impresas e automatizadas en ciencias.

5. Fontes de información impresas e automatizadas en tecnoloxía.

6. Fontes de información impresas e automatizadas en biomedicina.

7. Literatura gris: documentos reservados e de difusión reducida. Problemas de accesibilidade e fontes para o seu coñecemento.

8. Maioristas de información e documentación no mundo. Grandes subministradores de información referencial, documentos, etc.

9. Tendencias actuais na industria e o mercado da información automatizada, servicios en liña e teledocumentación.

10. Catálogos de grandes bibliotecas. Catálogos colectivos. Acceso á OPAC a través de Internet.

11. Bibliometría. A investigación no campo da documentación e a información científica.

12. Nocións xerais de teleinformática, redes de ordenadores, interconexión de sistemas, familias de protocolos.

13. Internet, Intranet, Iris e grandes redes teleinformáticas na actualidade: desenvolvemento, funcionamento, organización, acceso e utilidade.

14. Servicios teleinformáticos: correo electrónico, transferencia de ficheiros, conexión remota, noticias, Web, Z39-50/SR, etc. Aplicacións en información e documentación.

III. Arquivos e lexislación.

1. A biblioteca universitaria na lexislación universitaria e os estatutos.

2. A industria editorial e o comercio do libro en España. O marco legal.

3. Implicacións sociais e culturais da innovación tecnolóxica en información e documentación. A sociedade da información. O futuro do libro e as bibliotecas.

4. Organizacións nacionais e internacionais ó servicio das bibliotecas e a documentación. A cooperación internacional.

5. O arquivo universitario: definición, funcións e organización.

6. O arquivo universitario: a planificación dos servicios, recursos e instalacións. Medidas ambientais e de seguridade.

7. O sistema español de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico. A Lei da ciencia e o Plan nacional de I + D.

8. Lexislación e competencias das distintas administracións en materia de xestión e organización bibliotecaria.

9. Patrimonio bibliográfico español. Panorama histórico. Normativa legal.

10. A propiedade intelectual en España. Lexislación.

11. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Atención ó cidadán e calidade dos servicios na Administración pública.