Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. travesía de Arteixo, 250.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,054 km, coa orixe na L.M.T.S. Figueroa-Balneario-Baiuca (tramo de C.T. centro de saúde a C.T. concello) (expediente 32/1998), conductor tipo R.H.V., e final no C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 kV. Concello de Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 29 de xuño de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña