Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e específicas das prazas do cadro de persoal funcionario que se relacionan, reservadas a promoción interna, que se proverán polo sistema de concurso-oposición, vacantes na relación de postos de traballo para 2001 da Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo, número 157, do 10 de xullo de 2001, publícase a convocatoria, así como as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario que se indican a seguir, vacantes na RPT desta entidade para o ano 2001, que se proverán polo sistema de concurso-oposición, reservadas a promoción interna.

Nº de prazasDenominaciónGrupo

8AdministrativoC

1Capataz coordinadorC

3GuíasC

1Auxiliar de bibliotecaC

1RestauradorC

1Auxiliar de bibliotecaD

2AuxiliarD

7Auxiliar de enfermeríaD

Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura como anexo I das bases xerais e que se facilitará no Negociado de Selección, Promoción e Carreira (Sección de Administración de Persoal), desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 10 de xullo de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo