Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 20-8-2001 foi aprobado o prego de cláusulas particulares que rexerán a contratación para as obras que se indican, o que se expón ó público, na secretaría do concello, polo prazo de catro días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio no BOP, durante o cal tódolos interesados podrán presenta-las reclamacións que estimen oportunas.

Simultáneamente anúnciase licitación para adxudica-lo contrato mediante tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso, segundo do seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilar de Santos, r/ Celanova, 77, 32650, Vilar de Santos. Teléfono: 988 46 58 83, fax: 988 46 58 63. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: mellora das infraestructuras do polígono de Santa Marta, 2,5 meses.

3. Orzamento da licitación: importe total de execución por contrata 30.169.912 pesetas.

4. Fianzas: provisional, 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Clasificación do contratista: E-1, G-6, d.

6. Presentación de prosicións: prazo: ata as 14 horas do 13º día natural seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no DOG e no BOP de luns a venres, computándose o prazo a partir da última publicación. Documentación para presentar: a que se sinala no punto IX, do prego de cláusulas administrativas. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, r/ Celanova, 77, 32650, Vilar de Santos. Prazo de vinculación da oferta: un mes, como máximo, contado desde a abertura de proposicións. Modelo de proposición: figura no prego.

7. Apertura das ofertas: o xoves hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

8. Gastos de anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Vilar de Santos, 21 de agosto de 2001.

Julio Blanco Dapoza

Alcalde en funcións