Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.588

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ASOMEGA

VI Premio Nóvoa Santos.

Presentación:

1. A Asociación de Médicos Galegos, Asomega, organiza o Premio Nóvoa Santos, convocando a súa VI edición.

2. Colabora con Asomega, nesta convocatoria, Caixanova.

Bases do premio:

1. Poderán tomar parte neste premio persoas relevantes galegas, ou directamente vinculadas a Galicia, da medicina-sanidade, cun labor profesional ou centífico de repercusión nacional ou internacional e, especificamente, de proxección cara a Galicia.

2. As propostas dos candidatos deberán ser realizadas por universidades, reais academias ou colexios profesionais de medicina, farmacia ou veterinaria, sociedades científicas, hospitais, fundacións, etc., ou un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.

3. As solicitudes irán xunto coa seguinte documentación:

a) Un resumo do currículum vitae do candidato nun máximo de 10 follas (15 copias).

b) Unha memoria aducindo os méritos do candidato nun máximo de 5 follas (15 copias).

4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar unha conferencia do tema médico-sanitario, que considere que foi motivo do Premio Nóvoa Santos.

5. Non poderán concorre-los membros da xunta directiva de Asomega.

6. As solicitudes e a documentación cun prazo límite de presentación que rematará o día 31 de agosto de 2001, serán dirixidas ó secretario de Asomega; r/ Santa Cruz de Marcenado, 10, 1º D, 28015 Madrid. Telf.: 914 45 28 81. Fax: 914 45 28 38.

Premio:

1. O Premio Nóvoa Santos será outorgado por un xurado constituído pola xunta directiva de Asomega. Para tal fin, terá lugar unha reunión da xunta directiva, e o seu veredicto ante o que non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 1.000.000 de pesetas, diploma e medalla conmemorativa do Premio Nóvoa Santos. O premio é indivisible.

3. No mes de novembro do mesmo ano a xunta directiva de Asomega faralle entrega do Premio Nóvoa Santos ó galardoado.

Ángel Rodríguez-Coira

Secretario de Asomega