Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do 6 de agosto do ano que andamos, acordou aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Cambre, redactado por Idasa, S.A., dispoñendo someter a información pública a documentación integrante do plan polo prazo de dous meses contados desde o día seguin

te ó da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun diario dos de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo calquera persoa física ou xurídica poderá coñecer e examina-la documentación integrante do Plan xeral no salón de sesións desta casa do concello, en horario de oficina, e presenta-las alegacións que estime pertinentes.

De conformidade co acordo de aprobación inicial suspéndese as licencias de parcelacións de terreos, edificacións, derrubamento e usos contrarios ós establecidos na nova ordenación en todo o termo municipal de Cambre.

En consecuencia, interrómperase o procedemento de outorgamento de licencias solicitadas con anterioridade ó acordo de aprobación inicial, contido do cal sexa contrario ás determinacións da nova ordenación, de acordo co artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Esta suspensión de licencia terá unha duración máxima dun ano, contado a partir da adopción do acordo de aprobación inicial, se ben se extinguirá coa aprobación definitiva do plan xeral, de acordo co artigo 34.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cambre, 9 de agosto de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde