No BOP da Coruña nº 158, do 11 de xullo de 2001, publicouse acordo da Comisión de Goberno do día 22 de xuño de 2001, polo que se aproban as bases de:
-1 praza de adxunto ó xefe de servicio en xestión do solo e patrimonio.
-1 praza de licenciado en educación física. C.E. 15/97.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos ás convocatorias publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.
P.D.
A concelleira delegada de persoal
Rubricado