Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno en sesión do 10 de agosto de 2001, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra edificio destinado a usos múltiples no polígono de Bergondo, ó abeiro da Orde do 31 de xaneiro de 2001, referente á concesión de axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras dos parques empresariais da Comunidade Autónoma.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: edificio destinado a usos múltiples no polígono de Bergondo.

b) Orde: 31 de xaneiro de 2001, publicado no DOG nº 27, do 7 de febreiro de 2001.

c) Lugar de execución: polígono industrial de Bergondo.

d) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.386.318 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4 por 100 do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: secretaría xeral: Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Fax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior ó remate de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría a.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: en tres sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo.

d) Prazo de validez da oferta: 3 meses, contados a partir da apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar na casa do concello, o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate de presentación de proposicións, ás 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Tódolos gastos correspondentes ós anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 14 de agosto de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente