Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 2/2001, xestión e mantemento integral dos aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público 2/2001 para a contratación da xestión e mantemento integral dos aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións do Complexo Hospitalario de Ourense, e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta xerencia xeral en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), resolve facer pública a adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Entidade adxudicadora:Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, núm. 52, 32005 Ourense.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: xestión e mantemento integral dos aparellos médicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, autoclaves de esterilización e equipos de comunicacións do Complexo Hospitalario de Ourense.

4. Data de adxudicación do contrato: 28 de xuño de 2001.

5. Criterios de adxudicación: melloras ó prego de prescricións técnicas: 30 puntos; medios persoais, cadros técnicos e material da empresa, así como os asignados ó hospital: 25 puntos; prezo: 20 puntos; cualificación profesional no mantemento de equipos electromédicos: 15 puntos; informatización técnica: 10 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 10.

7. Nome e enderezo dos prestadores do servicio:

Tecnocontrol, S.A., NIF: A.08422149, Gran Vía Corts Catalanes, 680-3º-08010 Barcelona.

Lote 1. Equipos radiolóxicos Siemens; prezo: 47.937.450 pesetas (288.109,88 euros).

Lote 2. Equipos radiolóxicos G.E.; prezo 28.508.150 pesetas (171.337,43 euros).

Lote 3. Equipos radiolóxicos Philips; prezo 27.769.500 ptas (166.898,06 euros).

Lote 4. Equipos radiolóxicos Picker; prezo: 40.896.700 pesetas (245.794,12 euros).

Lote 5. Equipos radiolóxicos NCA; prezo: 7.565.600 pesetas (45.470,17 euros).

Período de execución do contrato: 2 anos.

Ibérica de Mantenimiento, S.A. (Ibermansa), NIF: A.50158997. Av. Juan Pablo II, 21, 50009 Zaragoza.

Lote 6. Xenérico de equipos; prezo: 149.800.000 pesetas (900.316,13 euros).

Período de execución do contrato: 2 anos.

8. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 7 de marzo de 2001.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado: 20 de marzo de 2001.

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 22 de marzo de 2001.

11. Data de envío do anuncio: 12 de xullo de 2001.

12. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 2 de xullo de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de

Ourense