Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de xullo de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Marcelino Ávila Santorio a resolución acordada no expediente sancionador ES-P-0015/00, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-91/010, conta 73, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado (rúa Pateira, 5, blq. 2, 9º C, en Vigo) notifícaselle a Marcelino Ávila Santorio a resolución sancionadora dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 12 de xuño de 2001, por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-91/010, cta. 73, que lle fora adxudicada.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Vistas as actuacións practicadas no expediente enriba referido, tendo en conta os seguintes

Feitos.

Primeiro.-Con data do 17 de novembro de 2000, o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, acordou o inicio do procedemento sancionador ES-P-0015/00, no que se lle imputaba a Marcelino Ávila Santorio a comisión da infracción administrativa tipificada

como grave no artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, por non destinar a domicilio habitual e permanente e manter deshabitada por tempo superior a tres meses, a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-91/010, cta. 73, sita na rúa Pateira, núm. 5, blq. 2, 9º C, en Vigo.

Segundo.-Ante a infructuosidade dos intentos de notificación persoal do devandito acordo (devoltos polo servicio de correos coa indicación de ausentes), procedeuse, consonte o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999) a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo, sen que o interesado presentase alegacións, malia o prazo de quince días outorgado para tal efecto.

Terceiro.-Con data do 1 de marzo de 2001, a instructora do procedemento, tendo en conta unha nova acta de inspección e o certificado do Concello de Vigo que acredita que Marcelino Ávila Santorio non se atopa empadroado nel, emite a correspondente proposta de resolución, na que propón a imposición dunha sanción de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.), igualmente notificada a través da súa publicación no DOG e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Cuarto.-Fronte á citada proposta, o interesado non formulou alegacións.

Feitos probados.

Das actuacións realizadas durante a tramitación deste procedemento sancionador, resulta probado que Marcelino Ávila Santorio, non destina a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para resolve-lo presente procedemento o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó abeiro do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda (DOG nº 109, do 9 de xuño).

Segundo.-Os indicados feitos probados responden á infracción administrativa tipificada no artigo 5.c) da Lei 13/1996, segundo o cal:

«Terán a cualificación de infraccións graves:

c) O non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses».

Terceiro.-Da mencionada infracción administrativa considérase responsable, en concepto de autor, a Marcelino Ávila Santorio, como adxudictario da devandita vivenda de protección oficial.

Cuarto.-Consonte o sinalado no artigo 7.1º b) da Lei 13/1996, a citada infracción administrativa poderá ser sancionada con multa desde cen mil unha a cincocentas mil pesetas (100.001 a 500.000 ptas.).

Vistos os preceptos legais citados, a Lei 30/1992, e o Real decreto 1398/1993, a Lei 13/1996 e demais normas de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

Impoñer a Marcelino Ávila Santorio, como autor dos feitos sinalados, unha sanción de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 ptas.) xunto coa obriga de destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública adxudicada.

O importe da sanción imposta pola presente resolución deberá ser ingresada na conta Tesouro Facenda Galega -conta restrinxida do IGVS recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación: as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior, as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Advírteselle que, de non cumprir esta resolución administrativa en tódolos seus termos, poderán impoñerse multas coercitivas consonte o artigo 13 da Lei 13/1996.

Notifíqueselle-la presente resolución ós interesados, con mención expresa dos requisitos esixidos polo art. 58.2º da Lei 30/1992. Pontevedra, 12 de xuño de 2001. O Delegado Provincial. Asdo: José Manuel Iglesias Carrera».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 9 de xullo de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/010 (expte. sancionador ES-P-

0015/00).

Cta.: 73.

Nome: Marcelino Ávila Santorio.

Enderezo: r/ Pateira, 5, blq. 2, 9º C (Vigo).