Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.581

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante o concurso público 4/2001, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de Bioquímica de rutina do servicio de laboratorio do centro.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no parágrafo i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de Bioquímica de rutina do servicio de laboratorio do centro.

Obxecto e orzamento.

A adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de Bioquímica de rutina do servicio de laboratorio de HCV, por un orzamento máximo de 36.600.000 pesetas (219.970,43 euros) IVE incluído.

Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado mediante entregas periódicas segundo as necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio do centro.

Prazo de execución.

A execución do contrato: tres anos contados desde a súa formalización.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser

solicitadas no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa, nº 50, do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Teléfono: 988 33 90 61.

Garantías.

Deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de setecentas trinta e dúas mil pesetas (732.000 pesetas-4.399,41 euros), e unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. Estas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño) texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Solvencia técnica.

Acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Prezo: ata 40 puntos.

-Calidade: ata 30 puntos.

-Solución técnica que supoña unha mellora na prestación do servicio: ata 20 puntos.

-Dispoñibilidade de EAN 128 e EDI: ata 10 puntos.

Admisión de variantes.

Non se admite a presentación de variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 27 de xullo de 2001.

Luis A. González Rodríguez

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras