Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU 049/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a

partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e presenta-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 16 de xullo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 049/01P.

Denunciado: Magín Jiménez Jiménez.

DNI: 76715824Z.

Último enderezo coñecido: San Amaro, 5. Viana do Bolo (Ourense).

Feito denunciado: pescar con máis canas das permitidas (2).

Preceptos infrinxidos e sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.

Instructora: Míriam Areal López.