Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios 170/01 IN e cinco máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non

ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por cousas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándese para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do Regulamento da lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 27 de xullo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Última dirección coñecidaFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

170/01 INJuan Carlos Baños Rodríguez

DNI: 43680206

Paseo Carlos I, 96-7º-3ª

08018 Barcelona

Abandono vehículo B-9508-BDArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

174/01 INMaría Fátima Machado Pereira

DNI: 76894631

Fuentecillas, s/n.

San Fernando de Henares

Madrid

Abandono vehículo M-0161-FDArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

191/01 INLuis Piñón Montoto

DNI: 44465751

España, 71 - Sto. Cristo

32130 San Cristovo de Cea

Abandono vehículo OR-1649-LArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Última dirección coñecidaFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

192/01 INJosé María Mosquera Crespo

DNI: 34931032

San Rosendo, 2

Ourense

Abandono vehículo OR-4255-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

214/01 INJosefa De Vera Delgado

DNI: 05046561

Pintor Rivera, 76

Móstoles - Madrid

Abandono vehículo M-9668-CMArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000

221/01 INAmancio Pardo García

DNI: 34974130

Seoane, 14

Aranga - A Coruña

Abandono vehículo OR-4079-HArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN50.000