Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 046/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos expedientes sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 16 de xullo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 046/01P.

Denunciado: Juan Carlos González Castelao.

DNI: 10071242W.

Último enderezo coñecido: r/ Cervantes, nº 19-1º, Ponferrada (León).

Feito probado: pescar con máis canas das permitidas (2).

Precepto infrinxido: artigo 10 da Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: multa de 5.000 pesetas.