Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente sancionador OU 022/01C, por infracción da Lei de caza de Galicia.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselles ó delegado provincial a Consellería de Medio Ambiente, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 16 de xullo de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 22/01C.

Denunciado: José Casas Calvo.

DNI: 34683482B.

Último enderezo coñecido: Paseo Marítimo, 7-3º. A Coruña.

Feito probado: cazar provisto dunha escopeta cargada e lista para o disparo, do calibre 12, marca L.I., modelo 04, número 70481, na estrada de Petín a Santa Olaia.

Precepto infrinxido: artigo 25.41º da Lei de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 57.35º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: multa de 20.000 pesetas.