Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación de tres obras.

Esta Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, dos seguintes contratos de obras:

1. Restauración do cubo XLV da Muralla Romana de Lugo.

Orzamento de licitación: vinteoito millóns cincocentas vintedúas mil trescentas vintenove pesetas (28.522.329 pesetas=171.422,65 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría e.

2. Reparación das cubertas da Concatedral de San Xiao. 1ª fase. Ferrol (A Coruña).

Orzamento de licitación: corenta millóns de pesetas (40.000.000 de pesetas=240.404,85 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría d.

3. Edificio para Museo Arqueolóxico de Lugo. Fase II.

Orzamento de licitación: trinta e nove millóns seiscentas noventa e sete mil seiscentas oitenta e dúas pesetas (39.697.682 pesetas=238.587,88 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obras estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

647...cubo XLV da Muralla Romana de Lugo

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

648...San Xiao de Ferrol

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

656...Museo Arqueolóxico de Lugo

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C ) para cada un dos contratos.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo