Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 13 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental para ampliación dunha autorización temporal de carácter experimental no polígono de viveiros Cangas B.

Para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do establecemento que se describe:

-Tipo: gaiolas.

-Nome: Insuiña, S.L.

-Actividade: engorde.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima).

-Localización inicial: distrito: Cangas; polígono B; cuadrículas: 72 e 84.

-Localización ampliación: distrito: Cangas; polígono B; cuadrículas 73, 79, 80, 85, 88, 89, 93, 96, 97, 94, 90 e 86.

-Solicitante: Insuiña, S.L., NIF: B-36021954.

O expediente, integrado polo estudio de impacto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que coide oportunas.

Prazo de exposición: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición:

Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Edificio administrativo San Caetano.

15771 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral de Recursos Mariños