Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-96/2000-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo que se menciona a resolución dictada no expe

diente en data 7/5/2001, por infracción do Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 4 de xullo de 2001.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-96/2000-PO.

Denunciado: José Cruz Casas.

Último domicilio coñecido: lugar de Mougares-Toén-Ourense.

Feito denunciado: carecer de libro-rexistro de movementos e compravenda de gando e de carné de tratante.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 35.000 pesetas.