Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.557

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (413/2001).

Eu, Mª Adelaida Egurdibe Margañón, secretaria do Xulgado do Social número tres dos de Lugo, en funcións do número un, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 413/2001, seguidos por instancia de Santiago Expósito Alonso contra a empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A. e outro, sobre despedimento, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. Lugo, 17 de xullo de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 413/2001, sobre reclamación por despedimento, no que son partes, como demandante, Santiago Expósito Alonso, acompañado da procuradora Raquel Sabariz García e, como parte demandada, a empresa Sucesores de

Severino Martínez, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), os cales non compareceron malia estaren citados en legal forma.

Decido que estimando a demanda imterposta por Santiago Expósito Alonso, sobre despedimento, contra a empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A., debo declarar e declaro a improcedencia deste e, en consecuencia, debo condenar e condeno a dita empresa a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión do traballador Sr. Expósito Alonso, ou o aboamento dunha indemnización de oitenta e cinco mil trescentas vinte pesetas (85.320 pesetas), entendéndose que, de o empresario non optar pola readmisión ou pola indemnización, procede a primeira e, ademais, nun e noutro caso, o pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación da sentencia, a razón de 7.900 pesetas brutas diarias de soldo, e que ata a data desta resolución ascenden á suma de seiscentas mil catrocentas pesetas (600.400 pesetas).

Absólvese o Fondo de Garantía Social (Fogasa), sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade, no caso de ser declarada a insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69- nº de autos 413/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco de Bilbao Vizcaya desta cidade, na rúa da Raíña nº 1, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la

responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65 nº de autos 413/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretaria, certifico. Mª Adelaida Egurdibe Margañón. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Sucesores de Severino Martínez, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o dezasete de xullo de dous mil un.

A Secretaria

Rubricado