Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.557

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (128/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 128/2001, por instancia de María Dolores Rivas Veira contra Fogasa e outra sobre cantidade, nos que se dictou sentencia en data 10-7-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por María Dolores Rivas Veiga, condeno o Fonda de Garantía Salarial a aboarlle a cantidade de 77.354 pesetas, absolvendo da demanda a empresa Transportes y Consignaciones y Viajes, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para que a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mando e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de

notificación en forma á empresa Transportes y Consignaciones y Viajes, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 10 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado