Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de limpeza para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 26/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cubertos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n. 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. Categoría do servicio e descrición: servicio de limpeza dos centros integrantes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Importe: 2.280.000.000 pesetas (dous mil douscentos oitenta millóns de pesetas), IVE incluído.

13.703.075,98 euros (trece millóns setecentos tres mil setenta e cinco euros, con noventa e oito céntimos).

Clasificación:

Clasificación económica: grupo III, subgrupo 6, categoría D.

3. Lugar de execución: nos distintos centros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, segundo se indica no prego de prescricións técnicas.

4. a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescricións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indicar os nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescricións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: dous anos, desde o 1 de outubro de 2001 ou data da formalización do contrato, se fose pos

terior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que considera o artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Contratación Administrativa. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela-A Choupana, s/n. 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

b) Data límite de recepción de ofertas: 12 de setembro de 2001.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

10. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 45.600.000 pesetas (274.061,52 euros).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e pago e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual, en diñeiro, por mensualidades vencidas, unha vez conformada a factura pola dirección do complexo hospitalario ou servicio que esta designe.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia:

Relación de criterios de adxudicaciónNúmero de puntos

1. Oferta económicaAta 40 puntos

2. Oferta técnica:-Estudio funcional para a execución do servicio e distribución de postos de traballo por áreas e tipos de limpeza (rutina e a fondo) con especificación de horarios e quendas. Plan de limpezas especiais.

Partes de actividade e control de presenciasAta 25 puntos

Relación de criterios de adxudicaciónNúmero de puntos

-Procedementos de limpeza, productos, maquinaria

e equipamiento do persoal por categoríasAta 20 puntos-Plan de seguimento, control e avaliación continuada da calidade do servicioAta 10 puntos-Certificado de calidade ISO 9002Ata 5 puntos

16. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

17. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 12 de maio de 2001.

18. Data de envío do anuncio: 7 de agosto de 2001.

19. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela