Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

1. Abastecemento e saneamento en Peimogo-Barbantes e Punxín (Punxín-Ourense).

Adxudicatario: Eduardo Boán Álvarez.

Orzamento: 12.291.034 pesetas.

2. Rede de sumidoiros nos núcleos de Ribadelouro, Rebordáns, Guillarei, Baldráns, Páramos e Caldelas do Miño (rede secundaria) primeira fase (Tui-Pontevedra).

Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

Orzamento: 243.363.625 pesetas.

3. Renovación da traída de auga desde Bordocedo ata os depósitos de Mugardos (Mugardos-A Coruña).

Adxudicatario: Auxiliar y General de Servicios, S.L. (GAUXS).

Orzamento: 11.445.882 pesetas.

4. Asistencia técnica para o desenvolvemento dos traballos de apoio na realización de estudios técnicos e traballos administrativos no servicio territorial de Galicia Centro (Santiago de Compostela-A Coruña).

Adxudicatario: Ingeniería y Servicios de La Coruña, S.L.

Orzamento: 37.068.047 pesetas.

5. Abastecemento e saneamento en Lobios (Lobios -Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Sangiao, S.A.

Orzamento: 168.200.000 pesetas.

6. Traída de augas a Puga e Feá desde o depósito de Toén (Toén-Ourense).

Adxudicatario: Obras y Viales Bascuas, S.L.

Orzamento: 36.120.000 pesetas.

7. Modificado das obras de acondicionamento do leito e marxes no río Avia entre as pontes de San Francisco e do FF.CC. (Ribadavia-Ourense).

Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Orzamento: 281.160.000 pesetas.

8. Paseo fluvial en Bertamiráns-primeira fase (Ames-A Coruña).

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 405.507.807 pesetas.

9. Complementario número dous do modificado número un do saneamento de Aldán e O Hío (Cangas -Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 71.910.000 pesetas.

10. Recuperación das marxes do río Arteixo, treito: Avenida de Fisterra-límite polígono (Arteixo-A Coruña).

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 204.950.646 pesetas.

11. Mellora do saneamento no concello de Negreira (Negreira-A Coruña).

Adxudicatario: Manuel Rodríguez Lema, S.L.

Orzamento: 15.595.379 pesetas.

12. Abastecemento á parroquia de Tella (Ponteceso -A Coruña).

Adxudicatario: Obras y Conducciones Hidráulicas, S.L.

Orzamento: 60.001.064 pesetas.

13. Separata do proxecto de abastecemento de auga a Lamaigrexa, Castroncelos, Estación, Brence, Cereixa, A Pobra de Brollón e Salcedo (A Pobra de Brollón-Lugo).

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Orzamento: 52.885.000 pesetas.

14. Asistencia técnica para os estudios de comunicación e difusión do saneamento e depuración en Galicia.

Adxudicatario: Canal Uno de Comunicación, S.L.

Orzamento: 16.431.537 pesetas.

15. Asistencia técnica para a tramitación técnica e administrativa de expedientes de autorizacións e sancións en materia de vertidos de augas residuais no ámbito das concas hidrográficas de Galicia Costa.

Adxudicatario: Visible, S.L. e Ingeniería de Vertidos, S.L. (UTE).

Orzamento: 91.497.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia