Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material de hemodinámica para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 54/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cubertos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario-A Choupana, s/n, 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: no almacén de subministracións, planta (-4) do Hospital Clínico, ou nos lugares que o Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela determine.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de material de hemodinámica, estructurada en sete lotes:

Lote 1: kit composto de chave Manifold, xiringa, goteiro e extensión.

Lote 2:

2.1. Guía PTCA (para oclusións agudas).

2.2. Guía PTCA.

Lote 3: introductor.

Lote 4: guía de aceiro.

Lote 5: kit composto de xiringa de inflado, chave en Y, rotor e introductor.

Lote 6: cerre arterial percutáneo.

Lote 7: sistema de oclusión de punción percutánea.

Lote

Prezo unitario

(pesetas)

Consumo

estimado

Importe

(pesetas)

Importe

(euros)

11.7502.0253.543.75021.298,36

2.1.22.5003006.750.00040.568,32

2.2.27.0003008.100.00048.681,98

32.8002.4756.930.00041.650,14

42.8801.2753.672.00022.069,16

516.2004807.776.00046.734,70

632.0002558.160.00049.042,59

731.500601.890.00011.359,13

Importe: 46.821.750 pesetas (corenta e seis millóns oitocentas vinteunha mil setecentas cincuenta pesetas).

281.404,38 euros (douscentos oitenta e un mil catrocentos catro euros con trinta e oito céntimos).

Duración: quince meses, desde o 1 de outubro de 2001 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. O presente contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 21 de setembro de 2001.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pago da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de propostas: 28 de setembro de 2001.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas.

8. Garantías esixidas:

Garantía provisional: si.

Importe total da garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 936.435 pesetas (5.628,09 euros).

Importe da garantía provisional por lotes:

Lote 1: 70.875 pesetas (425,97 euros).

Lote 2: 297.000 pesetas (1.785,01 euros).

Lote 3: 138.600 pesetas (833,01 euros).

Lote 4: 73.440 pesetas (441,38 euros).

Lote 5: 155.520 pesetas (934,69 euros).

Lote 6: 163.200 pesetas (980,85 euros).

Lote 7: 37.800 pesetas (227,18 euros).

Garantía definitiva: si, 4% do orzamento de licitación.

Importe total da garantía definitiva: 1.872.870 pesetas (11.256,18 euros).

Importe da garantía definitiva por lotes:

Lote 1: 141.750 pesetas (851,93 euros).

Lote 2: 594.000 pesetas (3.570,01 euros).

Lote 3: 277.200 pesetas (1.666,01 euros).

Lote 4: 146.880 pesetas (882,77 euros).

Lote 5: 311.040 pesetas (1.869,39 euros).

Lote 6: 326.400 pesetas (1.961,70 euros).

Lote 7: 75.600 pesetas (454,37 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pago e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recepcionadas, facturadas e conformadas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das con

dicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.

17. Data de envío do anuncio: 7 de agosto de 2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela