Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada por Orde do 1 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 112, do 11 de xuño), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995 do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,
Esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 1 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 112, do 11 de xuño).
Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.
Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.
O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, foran concedidos ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no epígrafe anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Quinto.-Contra a presente orde, que pon fín á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2001.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda
ANEXO
NRP/DNI: 7681237757 A1122.
Apelidos e nome: Montoto Mariño, Adela.
Grupo: D.
Corpo/escala: auxiliar/xeral.
Código: OT.B01.00.000.15770.003.
Denominación do posto de traballo: secretario/a do presidente.
Dependencia: secretaría xeral.
Localidade: Santiago de Compostela.
Nivel: 18.
Formación específica: 001 coñecemento de mecanografía.