Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.508

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 01/001 de catedrático de universidade convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha resolve-lo concurso para a provisión da praza de catedrático de universidade número 01/001, convocada por resolución con data do 12 de marzo de 2001 (BOE do 4 de abril), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 19 de xullo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Praza nº: 01/001.

Comisión titular:

Presidente: Lagunas Hernández, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Politécnica de Cataluña.

Secretario: Figueiras Vidal, Anibal, catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vocais:

Encinar Garcinuño, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Ferrando Bataller, Miguel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Hermida Domínguez, Ramón Carmelo, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Comisión suplente:

Presidente: Fernández Rubio, Juan, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Vázquez Grau, Gregori, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Cardama Aznar, Ángel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Albiol Colomer, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Casadevall Palacio, Fernando José, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.